PRESENTACIÓN
Xogo de tradición cultural, xogo tradicional, xogo popular... é aquel xogo nacido no seo dunha determinada comunidade para dar satisfacción ás súas necesidades lúdicas, necesidades inevitablemente marcadas polo seu modo particular de vida. Os xogos tradicionais forman parte da cultura da comunidade en cuestión como creación propia e singular e son transmitidos de xeración en xeración, implicando esta transmisión unha interrelación entre persoas adultas e nenos/as dun grande valor educativo.
O pobo galego foi quen de crear infinidade de maneiras de dar resposta ás súas propias necesidades lúdicas, ao tempo que tamén tivo a capacidade de transmitir esas creacións ás novas xeracións. O patrimonio lúdico galego é un dos máis ricos da península ibérica, e o proceso de recompilación e de divulgación dos xogos tradicionais galegos colleu certa forza nas últimas décadas pois, ademais de teren aparecido estudos que catalogan e analizan os xogos galegos, téñense posto en marcha iniciativas de investigación, recuperación e divulgación desde moi variadas perspectivas.
No ano 2009, a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional e Nova Escola Galega organizaron en Melide unha actividade de formación que pretendeu achegar o estudo do patrimonio lúdico ao ámbito educativo. A resposta obtida por aquela convocatoria, esgotándose todas as prazas ofertadas, provocou que se concibise unha segunda edición do Curso no ano 2010, daquela centrada máis especificamente nalgunhas didácticas específicas, pero na que non se esqueceron perspectivas máis globais —institucións europeas, universitarias, gobernos locais, ámbitos empresarial…— co obxectivo de ir construíndo unha visión o máis completa posible dos procesos de recuperación dos patrimonios lúdicos nacionais.
A terceira edición da actividade, a do ano 2011, pretendeu xustamente afondar nalgúns aspectos apenas bosquexados nas precedentes, ao tempo que optaba por reservar espazos específicos para o coñecemento e a reflexión sobre algúns deportes tradicionais galegos. Precisamente, para a práctica dalgunhas destas modalidades deportivas contouse cos propios xogadores-protagonistas da súa recuperación. O IV Curso de formación do patrimonio lúdico trasladou o seu lugar de celebración para a Illa de Arousa, xustamente para darlles opcións ás prácticas lúdicas propias da costa de ter o protagonismo que a súa vixencia merece.
Na quinta edición, o Curso desenvolveuse en Carballo, a capital de Bergantiños, unha das comarcas máis e mellor definidas a nivel cultural de todo o país, na que o patrimonio lúdico atopa manifestacións específicas e na que se están desenvolvendo interesantes proxectos de recuperación e posta en valor do xogo tradicional: clubs de chave, o Museo Etnolúdico Galego de Ponteceso, desenvolvemento de teses de doutoramento sobre os espazos de xogo, proxectos de longo percorrido nalgúns centros da comarca...
O VI Curso de formación sobre o patrimonio lúdico, que se realizou en colaboración co Conservatorio Profesional de Música de Santiago, perseguiu indagar nas manifestacións literarias e musicais que nacen arredor do xogo tradicional. Trátase de manifestacións aínda só parcialmente recompiladas e estudadas e que están en inminente perigo de desaparición. Así como os xogos tradicionais conservan en esencia a súa vixencia cando menos na memoria colectiva, a presión dos medios de comunicación e da industria do libro e da música, están provocando que a literatura oral infantil tradicional galega —recitados cos partes do corpo, cantareas para aprender a andar, lengalengas, adiviñas…— e todo tipo de manifestacións musicais arredor do xogo tradicional —nanas, cantigas de corda, danzas infantís…— estean sufrindo un evidente proceso de substitución por parte de manifestacións desta índole chegadas doutras terras.
Ao longo dos últimos anos, dous procesos paralelos tiveron lugar arredor dos xogos tradicionais. Por unha parte, en Galicia, o Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego foi quen de articular proxectos comúns desenvolvidos por persoas particulares e colectivos con intereses moi diversos. O máis evidente, unha páxina web de referencia —www.xogostradicionais.gal—, pero tamén varias publicacións ou, por exemplo, unha aplicación para móbiles. Por outra, a coordinación con outros proxectos peninsulares —e europeos, en xeral— deu como resultado, entre outros, a primeira edición da Escuela de verano de juegos tradicionales “Iberia Ludens”, celebrada en xullo de 2024 en Aranda de Duero.
Pois ben, o VII Curso de formación sobre o patrimonio lúdico e a II Escuela de verano de juegos tradicionais “Iberia Ludens”, pretenden ser herdeiros das pioneiras actividades de formación desenvolvidas hai xa máis dunha década arredor dos xogos tradicionais. E a súa temática, “xogo, sustentabilidade e inclusión”, non busca outra cousa que tratar de dar un paso máis na posta en valor dos xogos de sempre ofrecendo respostas ás necesidades da nosa sociedade, pasado xa o primeiro cuarto do século XXI.
Muimenta —no concello de Cospeito, na comarca da Terra Chá— é, hoxe por hoxe, unha das capitais dos xogos tradicionais galegos, e éo por méritos propios, por ser sede dunha organización pioneira en Galicia, XOTRAMU —Asociación Cultural, Veciñal e Deportiva dos Xogos Tradicionais de Muimenta—, pero tamén polas actividades arredor do xogo que ten acollido ao longo dos anos.
OBXECTIVOS

- Achegarse á cuestión do xogo tradicional desde unha óptica global, atendendo os procesos de recuperación do patrimonio lúdico que se están desenvolvendo desde diferentes ámbitos.
- Analizar o xogo tradicional como manifestación cultural, así como o seu papel específico na construción da identidade.
- Poñer en común a función do xogo tradicional na educación e as estratexias de introdución do patrimonio lúdico galego no ámbito educativo, deportivo e cultural.
- Investigar posibles estratexias de recuperación do patrimonio lúdico desde a perspectiva das necesarias respostas aos retos de sustentabilidade e inclusión.
- Practicar unha importante batería de xogos e deportes de diferente tipoloxía e poñer en común variantes das modalidades propostas, e mesmo outras diferentes.
- Descubrir as posibilidades da autoconstrución de xoguetes a partir de materiais naturais e de refugallo.
- Crear un foro de intercambio de experiencias de colectivos e institucións relacionadas cos patrimonios lúdicos.
+ INFO
observatoriopl@xogostradicionais.gal
[email protected]
observatoriopl@xogostradicionais.gal
[email protected]